Loading...

Outras actividades

Sofía Toro, madriña do club


Non só de adestrar e competir vivimos. Ó longo do ano levamos a cabo varias actividades paralelas con fins diversos pero nas que o obxectivo é tanto a promoción do baloncesto e do club dentro do concello, coma a realización de diversas accións sociais. Dentro de ésta categoría destacamos algunhas:

- Visitas ós colexios e institutos do concello de Cambre.

- Campus de tecnificación.

- Campamentos urbanos (verán, Semana Santa, Nadal).

- Charlas e eventos de diversa temática, para xogadores ou familiares.

- Recollida solidaria de alimentos.

- Viaxes a partidos de baloncesto profesionais.

- Clínics para adestradores.

- Torneo 3x3 Concello de Cambre.


Durante o transcurso da tempada 19/20, estas foron as actividades que fixemos:


II TORNEO 3X3 CONCELLO DE CAMBRE (setembro 2019):


O Concello de Cambre e o Club Baloncesto Cambre organizaron, de maneira conxunta, o segundo torneo 3x3 de baloncesto Concello de Cambre, coincidindo co primeiro décimo aniversario da fundación do Club.

Esta edición celebrouse o sábado 5 de outubro, en horario de tarde (15:45 endiante) no pavillón Sofía Toro (Cambre). Houbo 3 categorías de competición: Minibasket (2008-2013), Infantil (2006-2007) e Cadete (2004-2005), todas elas empregaron formato de equipos mixtos.

A primeira edición tivo lugar no ano 2018, e ésta segunda foi todo un éxito, chegando case a dobrar o número de xogadoras e xogadores participantes.


VISITAS ÓS COLEXIOS (outubro 2019):

Durante este curso escolar, varios dos nosos adestradores e xogadores visitaron os CEIP Portofaro (O Temple) e CEIP Graxal (O Temple) ca fin de promocionar a práctica do baloncesto e o club do seu pobo entre os mais cativos.

Día internacional contra a violencia de xénero (25 de novembro de 2019) 



Campaña para reinvindicar a eliminación da violencia e abuso contra a muller. Todos os nosos equipos, adestradores e directivos vestiron a camiseta da campaña “Cambre en negro”, así coma pancartas, pulseiras, etc.



  • Día internacional das persoas con diversidade funcional (3 de decembro de 2019):

O pavillón Sofía Toro acolleu ese día un partido de exhibición de baloncesto en cadeira de rodas da CPAP de Bergondo en colaboración co concello de Cambre, no que o club de baloncesto colaborou aportando xogadores, adestradores e dándolle difusión ó evento.



Saída de final de año (decembro 2019):

Unha viaxe duns 50 nenos das categorías inferiores do club, foron ó Urban Planet (Oleiros) o último adestramento do ano antes das vacacións do Nadal.





 Recollida de alimentos solidaria (abril 2020):

O club doou un lote de alimentos non perecedoiros á despensa municipal do concello de Cambre para tratar de axudar ós veciños máis afectados pola crise socio-económica derivada da pandemia.




Campamento de verán (xuño 2019):

Dende o 29 de xuño e ata o 10 de xullo, o club organizou unha nova edición do seu campamento de verán de Baloncesto, ó cal poden apuntarse nenas e nenos de Cambre ou doutros concellos. Neste evento, unha das actividades foi en inglés, mentres que tamén realizaronse actividades de lecer alternativo, obradoiro de manualidades, xogos populares, actividades musicais, visitas culturais ou saídas sorpresa.



Lo último
PARTIDOS DA FINDE: 27-28 ABRIL
Partidos, Canteira, Minibasket, Primer equipo .
hace 5 horas
RESULTADOS DA FINDE: 20-21 ABRIL
Primer equipo , Canteira, Minibasket, Partidos.
hace 4 días
PARTIDOS DA FINDE: 20-21 ABRIL
Canteira, Minibasket, Primer equipo , Partidos.
hace 7 días