O CLUB

QUÉN SOMOS?

O baloncesto federado chegou ao Concello de Cambre no ano 1987 da man da Agrupación Polideportiva de Cambre, entidade que reunía diferentes modalidades deportivas como fútbol sala, iudo ou baloncesto.

O primeiro equipo de Cambre formouse cun grupo de xogadores do concello e doutras localidades próximas, xa que naquela época non había suficiente base local. Vestían de cor negra e entre aqueles pioneiros destaca a figura de Milo Vila, un dos xogadores con máis partidos na historia do club e actual vicepresidente.

Co paso dos anos, o número de xogadores e equipos de base foi medrando grazas ao traballo constante dentro e fóra das canchas, mantendo sempre o espírito humilde e a ilusión que caracterizaron os inicios do proxecto.

 

NACEMENTO DO CLUB BALONCESTO CAMBRE

O 21 de decembro de 2009, o proxecto deixou de formar parte da Agrupación Polideportiva para presentarse oficialmente como entidade independente co nome de Club Baloncesto Cambre, consolidando unha estrutura propia e iniciando unha nova etapa de crecemento deportivo e social no concello.

 

FILOSOFÍA DO CLUB

Apostamos por un baloncesto educativo, inclusivo e orientado a valores, onde o esforzo, o respecto e o compañeirismo son parte esencial do noso día a día.

Traballamos cun proxecto deportivo estable, con equipos en diferentes categorías e un enfoque centrado na aprendizaxe, a mellora continua e o desenvolvemento persoal de cada xogador. O club está formado por adestradores titulados, persoal técnico, voluntarios e familias que fan posible que o Cambre siga medrando cada tempada.

O noso compromiso coa comunidade inclúe actividades formativas, eventos deportivos e colaboración con entidades locais. Esta filosofía é a base sobre a que construímos o presente e o futuro do Club Baloncesto Cambre.

 

VALORES DO CLUB

O noso proxecto baséase en tres piares fundamentais:

  • A canteira, como motor de formación e crecemento.

  • Os primeiros equipos (masculino e feminino), referencia deportiva e social para xogadores/as, familias e afección.

  • As actividades complementarias, que reforzan a aprendizaxe, a convivencia e o vínculo coa comunidade.

 

 

Categorías de formación

A canteira é o piar fundamental do Club Baloncesto Cambre. Traballamos con xogadores e xogadoras desde as primeiras etapas de iniciación ata as categorías cadetes, xuvenís e primeiros anos de senior, cun enfoque centrado na aprendizaxe, a formación integral e o desenvolvemento técnico e persoal. Cada equipo forma parte dun itinerario deportivo coherente, guiado por adestradores titulados e unha metodoloxía común que garante continuidade, progresión e valores compartidos en todas as categorías.

 

Primeiros equipos

Os primeiros equipos sénior, tanto masculino como feminino, son unha das referencias deportivas e sociais do club. Representan a culminación do traballo da nosa canteira e actúan como espello para xogadores, xogadoras e adestradores das categorías base. Cada tempada medra a súa presenza no Sofía Toro, así como a súa repercusión dentro e fóra do concello, consolidándose como parte esencial da identidade do Club Baloncesto Cambre.

 

Actividades do club

Ao longo do ano desenvolvemos diferentes iniciativas formativas, sociais e deportivas:

  • Campamentos urbanos (verán, Semana Santa, Nadal)

  • Visitas a centros educativos

  • Día do deporte na rúa – Concello de Cambre

  • Viaxes a partidos de clubes profesionais

  • Charlas para xogadores e familias

  • Torneo 3x3 Concello de Cambre

  • Clínics para adestradores

  • Campus de tecnificación

Accións solidarias:

  • Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas

  • Apoio á despensa municipal de alimentos

  • Participación en campañas como Cambre en Negro – 25N

 

 

ORGANIGRAMA DIRECTIVO DO CLUB BALONCESTO CAMBRE

Presidente – Javier Prieto Responsable da dirección xeral do club, da representación institucional e da coordinación das áreas estratéxicas.

Vicepresidente – Emilio Vila Apoio á presidencia, supervisión das áreas operativas e enlace entre directiva e equipos sénior.

Secretario – Marcos Prieto Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC. Xestión administrativa, documentación oficial, actas, comunicación interna e relacións formais coas entidades deportivas.

Tesoureiro – Borja López Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC. Encárgase da planificación económica, control orzamentario, xestión de recursos e supervisión das áreas de comunicación e RRSS.

 

A directiva traballa de forma coordinada co equipo técnico, adestradores e voluntarios para garantir o correcto funcionamento do club e o desenvolvemento do proxecto deportivo.

 

 

🥇 PALMARÉS - SECCIÓN MASCULINA 

🏆 Campionatos de Liga Regular: 3

  • Infantil masculino 2ª div. (17/18)

  • Sénior masculino "A" 1ª div. (17-18). Campións Liga Regular.

  • Infantil masculino "A" 2ª div. (21-22)

 

🥈Subcampións de Liga: 2

  • Alevín mixto (11-12)
  •  Sénior masculino 1ª división (17/18). Subcampións do play-off.

 

🏆Copas gañadas: 4

  • Xuvenil masculino 2ª div. (13-14). Campións Copa Primavera. 

(Final: Baloncesto Cambre 64 – 59 Maristas Champagnat. Domingo, 01/07/2014).

 

  •  Infantil mixto 2ª div. (14/15). Copa Primavera.

 

  •  Infantil masculino 2ª división (16-17). Copa Primavera.. Final: BALONCESTO CAMBRE 67 - 61 Santo Domingo Betanzos. Sábado, 03/07/2017, pavillón Sofía Toro, Cambre).

  • Sénior masculino "B" 3ª div. (22-23)

 

 

🥈Finalistas de Copa: 2

  • Alevín mixto (15-16).

 

  • Sénior masculino "B" 3ª div. (21-22)

 

 

📅Tempadas en Ligas galegas: 2

  • Cadete masculino (14-15). 12º posto.

 

  • Cadete masculino (22-23)

 

📅Tempadas en 1ª división sénior masculina: 10.

12-13, 13-14, 14-15, 15-16, 16-17, 17-18, 18-19, 19-20, 22-23, 25-26.

 

⬆️Ascensos logrados: 5

  • Sénior masculino "A" 2ª div. (11-12): Ascenso á 1ª División.

 

  •  Sénior masculino "B" 4ª div. (12-13). Ascenso á 3ª División Masculina.

 

  • Cadete masculino 2ª div. (14-15)
  • Cadete masculino 2ª div. (15-16). Ascenso á 1ª División. 2º posto. 

  • Sénior masculino 1ª div. (17-18)
  • Sénior masculino 1ª div. (18/19). Ascenso á Liga EBA. Campión da Final Four disputada en Ferrol. Finalmente houbo que renunciar debido á falta de recursos económicos, materiais e deportivos do club.

 

  • Infantil masculino "A" 1ª div. (21-22)

 

 

🧒Canteiráns* que debutaron no 1º equipo masculino: 11 (*Xogadores/as do Club nas categorías infantil, cadete e xuvenil)

Jorge Castiella, Marcos Prieto, Micael Sánchez, Danilo Rivera, Miguel París, Gonzalo Vázquez, Alberto Galego, Bruno Cabado, Jose Vázquez, Fernando Suena, Martín Ruíz

 

🎗️Xogadores convocados por seleccións galegas: 2

  • Anxo Estany
  • Martín 

 

Xogadores que participaron en Campionatos de España: 3

  • Anxo Estany
  • Martín
  • Álvaro Bermúdez

 

 

 

🏀PALMARÉS - SECCIÓN FEMININA 

 

🏆Campionatos de Liga Regular: 1

  • Infantil feminino 3ª división (17/18) Liga Regular:  1º/6 (14 - 1). Fase Final: 2 - 0. Campionas (Final: BALONCESTO CAMBRE 37 - 15 Culleredo Almeiras), (29/04/18).

 

🏆Copas gañadas: 4

  • Infantil feminino 3ª div. (17-18). Copa Primavera: 2 - 0. Final: BALONCESTO CAMBRE 46 - 22 Culleredo Almeiras), (26/05/2018, 10:30 horas. Elviña II).

  • Infantil feminino 2ª div. (25-26)

 

🥈Finalistas de Copa: 1

  • Infantil feminino 2ª div. (22-23)

 

⬆️Ascensos logrados: 1

  • Sénior feminino 2ª div. (11/12). Ascenso á 1ª Autonómica Feminina. 

 

🧒Canteirás* que debutaron no 1º equipo feminino: 8. (*Xogadoras do C. B. Cambre nas etapas infantil, cadete e xuvenil)

Raquel Prieto, Marta Aldao, Iria Quiroga, Carina Quiroga, Berta Pan, Fara López, Mónica Sánchez-Tembleque, Yuly Nicolás.