Adestramentos portas abertas 2026

https://api.clupik.com/clubs/5580/images/clubTransparent.png
CLUB BALONCESTO CAMBRE
28 de maig de 2026

Dende este venres 29 de maio para Baby, Benxamín e Alevín, o Club Baloncesto Cambre pon en marcha os seus adestramentos de Portas Abertas 2026, unha iniciativa pensada para que os nenos e nenas nados entre os anos 2014 e 2020 poidan probar o baloncesto nun ambiente seguro, divertido e adaptado ao seu nivel.


As sesións desenvolveranse entre o 29 de maio e o 19 de xuño. As categorías incluídas son:

Baby (2018-2019–2020), Benxamín / Premini (2017–2016) e alevín / Mini (2015–2014)


Horarios oficiais (29 maio – 19 xuño)


Baby

Martes: 17:15–18:30, Sofía Toro, Cambre.


Venres: 17:45–19:00, Sofía Toro, Cambre.


Benxamín e Alevín:


Luns: 17:15–18:15, Sofía Toro, Cambre.


Martes: 17:15–18:35, Sofía Toro, Cambre.


Mércores: 18:00–19:00, no Temple.


Venres: 17:45–19:00, Sofía Toro, Cambre.


As sesións son gratuítas e non é necesaria experiencia previa. O obxectivo é que as familias poidan coñecer o funcionamento do club, o equipo técnico e a metodoloxía de traballo, mentres os máis pequenos viven unha primeira toma de contacto co baloncesto.


As persoas interesadas deben cubrir o formulario oficial dispoñible aquí:

👉 Formulario de inscrición ás Portas Abertas


O Cambre anima a todas as familias do concello e arredores a achegarse e descubrir o ambiente, os valores e a comunidade que rodea ao club.


Vémonos nas canchas!

1, 2, 3, CAMBRE!!!


0 Comentarios
Inicia sesión o regístrate para comentar