O CLUB
QUÉN SOMOS?
O baloncesto federado chegou ao Concello de Cambre no ano 1987 da man da Agrupación Polideportiva de Cambre, entidade que reunía diferentes modalidades deportivas como fútbol sala, iudo ou baloncesto.
O primeiro equipo de Cambre formouse cun grupo de xogadores do concello e doutras localidades próximas, xa que naquela época non había suficiente base local. Vestían de cor negra e entre aqueles pioneiros destaca a figura de Milo Vila, un dos xogadores con máis partidos na historia do club e actual vicepresidente.
Co paso dos anos, o número de xogadores e equipos de base foi medrando grazas ao traballo constante dentro e fóra das canchas, mantendo sempre o espírito humilde e a ilusión que caracterizaron os inicios do proxecto.

NACEMENTO DO CLUB BALONCESTO CAMBRE
O 21 de decembro de 2009, o proxecto deixou de formar parte da Agrupación Polideportiva para presentarse oficialmente como entidade independente co nome de Club Baloncesto Cambre, consolidando unha estrutura propia e iniciando unha nova etapa de crecemento deportivo e social no concello.
FILOSOFÍA DO CLUB
Apostamos por un baloncesto educativo, inclusivo e orientado a valores, onde o esforzo, o respecto e o compañeirismo son parte esencial do noso día a día.
Traballamos cun proxecto deportivo estable, con equipos en diferentes categorías e un enfoque centrado na aprendizaxe, a mellora continua e o desenvolvemento persoal de cada xogador. O club está formado por adestradores titulados, persoal técnico, voluntarios e familias que fan posible que o Cambre siga medrando cada tempada.
O noso compromiso coa comunidade inclúe actividades formativas, eventos deportivos e colaboración con entidades locais. Esta filosofía é a base sobre a que construímos o presente e o futuro do Club Baloncesto Cambre.
VALORES DO CLUB
O noso proxecto baséase en tres piares fundamentais:
-
A canteira, como motor de formación e crecemento.
-
Os primeiros equipos (masculino e feminino), referencia deportiva e social para xogadores/as, familias e afección.
-
As actividades complementarias, que reforzan a aprendizaxe, a convivencia e o vínculo coa comunidade.
Categorías de formación
A canteira é o piar fundamental do Club Baloncesto Cambre. Traballamos con xogadores e xogadoras desde as primeiras etapas de iniciación ata as categorías cadetes, xuvenís e primeiros anos de senior, cun enfoque centrado na aprendizaxe, a formación integral e o desenvolvemento técnico e persoal. Cada equipo forma parte dun itinerario deportivo coherente, guiado por adestradores titulados e unha metodoloxía común que garante continuidade, progresión e valores compartidos en todas as categorías.
Primeiros equipos
Os primeiros equipos sénior, tanto masculino como feminino, son unha das referencias deportivas e sociais do club. Representan a culminación do traballo da nosa canteira e actúan como espello para xogadores, xogadoras e adestradores das categorías base. Cada tempada medra a súa presenza no Sofía Toro, así como a súa repercusión dentro e fóra do concello, consolidándose como parte esencial da identidade do Club Baloncesto Cambre.
Actividades do club
Ao longo do ano desenvolvemos diferentes iniciativas formativas, sociais e deportivas:
-
Campamentos urbanos (verán, Semana Santa, Nadal)
-
Visitas a centros educativos
-
Día do deporte na rúa – Concello de Cambre
-
Viaxes a partidos de clubes profesionais
-
Charlas para xogadores e familias
-
Torneo 3x3 Concello de Cambre
-
Clínics para adestradores
-
Campus de tecnificación
Accións solidarias:
-
Recollida de alimentos para o Banco de Alimentos Rías Altas
-
Apoio á despensa municipal de alimentos
-
Participación en campañas como Cambre en Negro – 25N
ORGANIGRAMA DIRECTIVO DO CLUB BALONCESTO CAMBRE
Presidente – Javier Prieto Responsable da dirección xeral do club, da representación institucional e da coordinación das áreas estratéxicas.
Vicepresidente – Emilio Vila Apoio á presidencia, supervisión das áreas operativas e enlace entre directiva e equipos sénior.
Secretario – Marcos Prieto Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC. Xestión administrativa, documentación oficial, actas, comunicación interna e relacións formais coas entidades deportivas.
Tesoureiro – Borja López Graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte pola UDC. Encárgase da planificación económica, control orzamentario, xestión de recursos e supervisión das áreas de comunicación e RRSS.
A directiva traballa de forma coordinada co equipo técnico, adestradores e voluntarios para garantir o correcto funcionamento do club e o desenvolvemento do proxecto deportivo.
🥇 PALMARÉS - SECCIÓN MASCULINA
🏆 Campionatos de Liga Regular: 3
- Infantil masculino 2ª div. (17/18)
- Sénior masculino "A" 1ª div. (17-18). Campións Liga Regular.
- Infantil masculino "A" 2ª div. (21-22)
🥈Subcampións de Liga: 2
- Alevín mixto (11-12)
- Sénior masculino 1ª división (17/18). Subcampións do play-off.
🏆Copas gañadas: 4
- Xuvenil masculino 2ª div. (13-14). Campións Copa Primavera.
(Final: Baloncesto Cambre 64 – 59 Maristas Champagnat. Domingo, 01/07/2014).
- Infantil mixto 2ª div. (14/15). Copa Primavera.
- Infantil masculino 2ª división (16-17). Copa Primavera.. Final: BALONCESTO CAMBRE 67 - 61 Santo Domingo Betanzos. Sábado, 03/07/2017, pavillón Sofía Toro, Cambre).
- Sénior masculino "B" 3ª div. (22-23)
🥈Finalistas de Copa: 2
- Alevín mixto (15-16).
- Sénior masculino "B" 3ª div. (21-22)
📅Tempadas en Ligas galegas: 2
- Cadete masculino (14-15). 12º posto.
- Cadete masculino (22-23)
📅Tempadas en 1ª división sénior masculina: 10.
12-13, 13-14, 14-15, 15-16, 16-17, 17-18, 18-19, 19-20, 22-23, 25-26.
⬆️Ascensos logrados: 5
- Sénior masculino "A" 2ª div. (11-12): Ascenso á 1ª División.
- Sénior masculino "B" 4ª div. (12-13). Ascenso á 3ª División Masculina.
- Cadete masculino 2ª div. (14-15)
- Cadete masculino 2ª div. (15-16). Ascenso á 1ª División. 2º posto.
- Sénior masculino 1ª div. (17-18)
- Sénior masculino 1ª div. (18/19). Ascenso á Liga EBA. Campión da Final Four disputada en Ferrol. Finalmente houbo que renunciar debido á falta de recursos económicos, materiais e deportivos do club.

- Infantil masculino "A" 1ª div. (21-22)
🧒Canteiráns* que debutaron no 1º equipo masculino: 11 (*Xogadores/as do Club nas categorías infantil, cadete e xuvenil)
Jorge Castiella, Marcos Prieto, Micael Sánchez, Danilo Rivera, Miguel París, Gonzalo Vázquez, Alberto Galego, Bruno Cabado, Jose Vázquez, Fernando Suena, Martín Ruíz
🎗️Xogadores convocados por seleccións galegas: 2
- Anxo Estany
- Martín
Xogadores que participaron en Campionatos de España: 3
- Anxo Estany
- Martín
- Álvaro Bermúdez
🏀PALMARÉS - SECCIÓN FEMININA
🏆Campionatos de Liga Regular: 1
- Infantil feminino 3ª división (17/18) Liga Regular: 1º/6 (14 - 1). Fase Final: 2 - 0. Campionas (Final: BALONCESTO CAMBRE 37 - 15 Culleredo Almeiras), (29/04/18).
🏆Copas gañadas: 4
- Infantil feminino 3ª div. (17-18). Copa Primavera: 2 - 0. Final: BALONCESTO CAMBRE 46 - 22 Culleredo Almeiras), (26/05/2018, 10:30 horas. Elviña II).
- Infantil feminino 2ª div. (25-26)
🥈Finalistas de Copa: 1
- Infantil feminino 2ª div. (22-23)
⬆️Ascensos logrados: 1
- Sénior feminino 2ª div. (11/12). Ascenso á 1ª Autonómica Feminina.
🧒Canteirás* que debutaron no 1º equipo feminino: 8. (*Xogadoras do C. B. Cambre nas etapas infantil, cadete e xuvenil)
Raquel Prieto, Marta Aldao, Iria Quiroga, Carina Quiroga, Berta Pan, Fara López, Mónica Sánchez-Tembleque, Yuly Nicolás.















